Reciclado
Cando o dispositivo alcance o final da súa
vida útil, poderán reciclarse todos os
materiais como outros materiais e
enerxía. Para garantir a correcta
eliminación e reutilización, Nokia coopera
cos seus asociados mediante un programa
denominado We:recycle.Para obter
información sobre como reciclar os seus
produtos Nokia antigos e sobre onde
atopar puntos de reciclaxe, visite a páxina
www.nokia.com/werecycle, ou se utiliza
un dispositivo móbil, nokia.mobi/
werecycle ou chame ao centro de atención
ao cliente de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de
usuario, siga o procedemento habitual na
súa zona.
Servizos SIM 33
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
O símbolo do contedor con rodas riscado
cun "x" no produto, na batería, nas
instrucións ou na embalaxe lémbralle que
todos os produtos eléctricos e
electrónicos, as baterías e os
acumuladores se deben refugar por
separado ao final da súa vida útil. Este
requisito aplícase na Unión Europea. Non
se desfaga deste produto do mesmo xeito
que dos residuos domésticos normais.
Para obter máis información acerca dos
atributos medio ambientais do seu
dispositivo, consulte a páxina
www.nokia.com/ecodeclaration.
Información do produto e de
seguridade
Información xeral
Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está
aprobada en redes (E)GSM 850, 900, 1800 e 1900 MHz . Póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos para obter máis
información acerca das redes.
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou
ligazóns preinstalados para sitios da Internet de terceiros e
que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes sitios non
teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles.
Se accede aos sitios mencionados, tome as precaucións
necesarias relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do
espertador, é necesario que se atope acendido. Non acenda
o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os
costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das
demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que
as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a
copia, modificación ou transferencia dalgunhas imaxes,
música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos
da información importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea
a guía de usuario para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que
aparecen na pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información
importante acerca do dispositivo.
Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun
fornecedor de servizos sen fíos. Algunhas funcións non se
atopan dispoñibles en todas as redes; é posible que para
poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer
acordos específicos co seu fornecedor de servizos. Os servizos
de rede implican a transmisión de datos. Comprobe co seu
fornecedor de servizos os detalles verbo de tarifas na súa rede
propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode
explicarlle os importes que lle serán cargados polo servizo. É
posible que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao
modo en que se poden utilizar algunhas funcións deste
dispositivo que requiran soporte da rede, como soporte para
tecnoloxías específicas como os protocolos WAP 2.0 (HTTP e
SSL) que se executan en protocolos TCP/IP e caracteres
dependentes dos idiomas.
É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a
desactivación ou non activación de determinadas funcións no
dispositivo. En tal caso, as mencionadas funcións non
aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o
dispositivo dispoña de elementos personalizados como os
nomes ou a orde dos menús e as iconas.
Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do dispositivo compartan
memoria: mensaxería multimedia (MMS). A utilización dunha
ou máis destas funcións pode reducir a cantidade de memoria
dispoñible para o resto de funcións. Se o dispositivo amosa
unha mensaxe na que se indica que a memoria está chea,
elimine parte da información que se atopa almacenada na
memoria compartida.