
Inserción da tarxeta SIM e a batería
Extracción segura. Apague sempre o
dispositivo e desconecte o cargador antes
de extraer a batería.
Importante: Non empregue unha
tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida
como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta
micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta
SIM que dispoña dun interruptor mini-
UICC (consulte a ilustración) neste
dispositivo. Unha tarxeta micro-SIM é
máis pequena que a tarxeta SIM estándar.
Este dispositivo non admite o uso de
tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM
incompatibles pode danar a tarxeta ou o
dispositivo e pode corromper os datos
almacenados na tarxeta.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían
danarse facilmente se a tarxeta se raia ou
se dobra, polo que debe ter coidado cando
manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1 Prema os botóns de apertura da tapa
posterior e retírea (1, 2). Retire a
batería (3).
Primeiros pasos
7
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

2 Asegúrese de que a área de contacto
da tarxeta SIM estea orientada cara a
abaixo e coloque a tarxeta SIM no
compartimento correspondente (4, 5,
6).
3 Volva a colocar a batería e a tapa
traseira (7, 8, 9).