
Códigos de acceso
O código de seguridade axuda a protexer
o seu dispositivo contra o uso non
autorizado. Pode crear e cambiar o
código, así como configurar o dispositivo
para que o solicite. Garde o código nun
lugar secreto e seguro lonxe do
dispositivo. Se esquece o código e se
bloquea o dispositivo, será necesario
reparalo. É posible que se apliquen tarifas
adicionais e que todos os datos persoais
do dispositivo se eliminen. Para obter
máis información, póñase en contacto con
Nokia Care ou co distribuidor do
dispositivo.
O código PIN proporcionado coa tarxeta
SIM protexe a tarxeta contra o uso non
autorizado. O código PIN2 proporcionado
con algunhas tarxetas SIM requírese para
o acceso a algúns servizos. Se introduce o
código PIN ou o PIN2 incorrectamente tres
veces seguidas, pediráselle o código PUK
ou o PUK2. Se non os ten, póñase en
contacto co seu provedor de servizos.
O PIN do módulo é preciso para acceder á
información do módulo de seguridade da
tarxeta SIM. O PIN de sinatura pode ser
necesario para a sinatura dixital. O
contrasinal de restrición é preciso cando
se usa o servizo de restrición de
chamadas.
Para determinar o xeito no que o
dispositivo empregará os códigos de
acceso e os axustes de seguridade,
seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
.