
Protexa o seu dispositivo de contidos
daniños
É posible que o dispositivo estea exposto
a virus e demais contido daniño. Tome as
seguintes precaucións:
•
Teña precaución ao abrir as
mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño
para o dispositivo ou o ordenador.
•
Teña precaución ao aceptar
solicitudes de conectividade, ao
Mensaxería 17
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

navegar pola Internet ou ao descargar
contido. Non acepte conexións
Bluetooth de fontes non fiables.
•
Utilice e instale unicamente servizos e
software de fontes fiables e que
ofrezan seguridade e protección
axeitada.
•
Instale programas antivirus e demais
software de seguridade no
dispositivo e nos ordenadores
conectados. Utilice unicamente unha
aplicación antivirus ao mesmo tempo.
A utilización de máis aplicacións pode
afectar ao rendemento e
funcionamento do dispositivo e/ou
ordenador.
•
Se accede a ligazóns e favoritos
preinstalados para sitios da Internet
de terceiros, tome as precaucións
correspondentes. Nokia non acepta
nin asume ningún tipo de
responsabilidade con relación a estes
sitios.