Mensaxes multimedia
Unha mensaxe multimedia pode conter
texto, imaxes, sons e videoclips.
Só os dispositivos que dispoñen de
funcións compatibles poden recibir e
visualizar mensaxes multimedia. É posible
que a aparencia das mensaxes varíe en
función do dispositivo de recepción.
É posible que a rede sen fíos limite o
tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe
inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por
MMS.
Importante: Teña precaución ao abrir
as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para
o dispositivo ou o ordenador.
Se desexa obter información sobre a
dispoñibilidade e a subscrición ao servizo
de mensaxería multimedia (MMS), póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos.