Mensaxes de texto
O dispositivo admite mensaxes de texto
de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que
superan ese límite envíanse coma dúas ou
máis mensaxes. O seu fornecedor de
servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes
enviadas. Os caracteres con acentos e
outros signos de puntuación, ou algúns
idiomas ocupan máis espazo e limitan o
número de caracteres que é posible enviar
nunha mensaxe.
Visualízase o número total de caracteres
restante e o número de mensaxes
necesario para realizar o envío.
Para enviar mensaxes, cómpre dispoñer
do número do centro de mensaxes
correcto no dispositivo. Normalmente,
este número axústase de xeito
predeterminado mediante a tarxeta SIM.
Para axustar o número manualmente,
leve a cabo o seguinte:
1 Seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Máis
>
Axustes mensaxe
>
Mensaxes de texto
>
Centro de
mensaxes
.
2 Insira o nome e o número
proporcionados polo seu fornecedor
de servizos.