
Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está
aprobada en redes (E)GSM 850, 900, 1800 e 1900 MHz . Póñase
en contacto co seu fornecedor de servizos para obter máis
información acerca das redes.
É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou
ligazóns preinstalados para sitios da Internet de terceiros e
que permitan o acceso a sitios de terceiros. Estes sitios non
teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles.
Se accede aos sitios mencionados, tome as precaucións
necesarias relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
Aviso:
Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do
espertador, é necesario que se atope acendido. Non acenda
o dispositivo en lugares nos que poida provocar
interferencias ou poida supoñer un perigo.
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os
costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das
demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que
as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a
copia, modificación ou transferencia dalgunhas imaxes,
música e demais contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos
da información importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea
a guía de usuario para obter instrucións detalladas de
seguridade. Non conecte produtos non compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que
aparecen na pantalla do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter outra información
importante acerca do dispositivo.