Nokia C3 00 - Verbo da xestión dos dereitos dixitais

background image

Verbo da xestión dos dereitos dixitais
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os

costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das

demais persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que

as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a

copia, modificación ou transferencia de imaxes, música e

demais contido.

É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes

tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos

de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM

para acceder a contido protexido mediante DRM. Con este

dispositivo é posible acceder a contido protexido con WMDRM

10, OMA DRM 1.0, OMA DRM 1.0 forward lock e OMA DRM 2.0.

Se un determinado software DRM non protexe o contido, é

posible que os propietarios do contido soliciten que se anule

a capacidade do mencionado software de acceder a novos

contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode

tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se

atope no dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non

afectará ao uso de contido protexido con outros tipos de DRM

ou ao uso de contido non protexido mediante DRM.

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais

(DRM) subminístranse cunha licenza asociada que define os

seus dereitos para utilizar o contido.

É posible que outros métodos de transferencia non transfiran

as licenzas que é necesario recuperar co contido para que

poida continuar utilizando o contido protexido mediante

OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo.

Tamén é posible que necesite recuperar a licenza en caso de

que se danen os ficheiros do dispositivo.

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante

WMDRM, a licenza e o contido perderanse se formata a

memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda a licenza

e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda

da licenza ou do contido pode limitar a súa capacidade para

utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para

obter máis información, póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos.

É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM

específicas, e que só poida acceder ao contido protexido se a

tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.