Nokia C3 00 - Escribir texto mediante o teclado

background image

Escribir texto mediante o teclado

O dispositivo dispón dun teclado

completo.
Axustar o idioma da escrita

Seleccione

Opcións

>

Idioma de

escritura

e o idioma desexado. Para

cambiar o idioma da escrita, tamén pode

premer a tecla de función e, a

continuación, a tecla Ctrl.
Cambiar entre o modo numérico e o

alfabético

Prema a tecla de función varias veces ata

que se amose o símbolo correspondente

ao método de entrada desexado.
Bloquear o modo numérico

Prema a tecla de función dúas veces.
Desbloquear o modo numérico

Prema a tecla de función.
Cambiar entre maiúsculas e

minúsculas

Prema a tecla maiús.
Inserir os números ou caracteres

impresos na esquina superior dereita

das teclas

Manteña premida a tecla correspondente.

Eliminar un carácter

Seleccione

Limpar

. Tamén é posible

premer a tecla de retroceso.
Inserir símbolos especiais

Prema a tecla de símbolos e seleccione o

símbolo que desexe. Para ver máis

símbolos, prema a tecla de símbolos de

novo.
Inserir unha nova liña

Prema a tecla Intro.
Inserir un espazo

Prema a tecla de espazo.
Copiar ou cortar texto

Manteña premida a tecla maiús. e

desprácese para resaltar a palabra, a frase

ou a liña de texto que desexe copiar ou

cortar. Manteña premida a tecla Ctrl e, a

continuación, prema C (copiar) ou X

(cortar).
Pegar texto

Desprácese ata a localización desexada,

manteña premida a tecla Ctrl e, a

continuación, prema V.