
Tecnoloxía inalámbrica Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth permite conectar o
seu dispositivo mediante ondas de radio
a un dispositivo Bluetooth compatible ou
a un accesorio situado a menos de 10
metros (32 pés).
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Bluetooth
.
Configurar unha conexión Bluetooth
1 Seleccione
Nome do meu teléfono
e
insira un nome para o dispositivo.
2 Seleccione
Bluetooth
>
Activado
.
indica que a conectividade Bluetooth
está activa.
3 Para conectar o dispositivo a un
accesorio de son, seleccione
Conex.
accesorio de audio
e o dispositivo ao
que desexa conectarse.
4 Para emparellar o seu dispositivo con
calquera dispositivo Bluetooth que se
atope dentro da zona de alcance,
seleccione
Dispositivos
vinculados
>
Engadir novo
dispositivo
.
Desprácese ata un dispositivo
atopado e seleccione
Engadir
.
Insira un código de acceso (de 16
caracteres como máximo) no seu
dispositivo e permita a conexión no
outro dispositivo Bluetooth.
Se lle preocupa a seguridade, desactive a
función Bluetooth ou axuste
Visibilidade
do teléfono
en
Oculto
. Acepte a
comunicación Bluetooth unicamente con
dispositivos fiables.
Conectar o ordenador á Internet
É posible utilizar a tecnoloxía Bluetooth
para conectar un ordenador compatible á
Internet sen empregar o software PC
Suite. O seu dispositivo debe ser capaz de
conectarse á Internet (servizo de rede) e o
ordenador debe ser compatible coa
tecnoloxía Bluetooth. Despois de
conectarse ao servizo de punto de punto
de acceso á rede (NAP) do dispositivo e de
emparellarse co seu ordenador, o
dispositivo abre automaticamente unha
conexión de paquetes de datos á Internet.
O dispositivo é compatible coa
especificación Bluetooth 2,1 + EDR que
admite os seguintes perfís: acceso
xenérico, mans libres, kit mans libres
portátil, envío de obxectos, transferencia
de ficheiros, acceso telefónico a redes,
porto de serie, acceso SIM e intercambio
de obxectos xenérico. . Para asegurar a
interoperabilidade con outros
dispositivos que dispoñan de tecnoloxía
Bluetooth, utilice accesorios Nokia
homologados para este modelo. Póñase
en contacto cos fabricantes dos outros
dispositivos para obter información sobre
a compatibilidade con este dispositivo.
Configuración 29
© 2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

As funcións que utilizan a tecnoloxía
Bluetooth aumentan o consumo de
enerxía e reducen a duración da batería.