
Paquetes de datos
O servizo xeral de paquetes de radio
(GPRS) é un servizo de rede que permite
aos teléfonos móbiles enviar e recibir
datos pola rede baseándose no protocolo
IP da Internet.
Para definir como empregar o servizo,
seleccione
Menú
>
Axustes
>
Conectividade
>
Paquetes de datos
>
Conexión paquete de datos
e escolla
entre as seguintes opcións:
Se cómpre — Permite establecer unha
conexión de paquetes de datos cando a
precisa unha aplicación. Cando se pecha a
aplicación, péchase a conexión.
Sempre en liña — Permite conectarse
automaticamente a unha rede de
paquetes de datos ao acender o
dispositivo.
Pode usar o dispositivo como un módem
conectándoo a un ordenador compatible
mediante a tecnoloxía Bluetooth. Para
obter máis detalles, consulte a
documentación de Nokia PC Suite.