Conectividade WLAN
Pode empregar unha rede de área local
sen fíos (WLAN) para conectarse á
Internet. Pode buscar e conectarse a redes
dispoñibles, gardar e administrar as redes
preferidas e modificar os axustes de
conectividade.
O dispositivo admite a autenticación de
punto activo de WLAN automática e
detectará automaticamente se se precisa
este tipo de autenticación para acceder á
Internet, por exemplo, nalgúns lugares
públicos.
Para aforrar batería, peche a conexión
WLAN cando non a empregue. Se non se
emprega unha conexión WLAN durante
aproximadamente 5 minutos, péchase
automaticamente.
É posible que a desactivación do
Bluetooth mellore a estabilidade da
conexión WLAN.
As funcións que utilizan a rede LAN sen
fíos aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería.
Nota: É posible que a utilización de
redes WLAN estea restrinxida nalgúns
países. Por exemplo, en Francia só está
permitido utilizar redes WLAN en lugares
interiores. Para obter máis información,
contacte coas súas autoridades locais.